Despois dunha noite de descanso máis ben escaso, duchámonos con preguiza polo cansanzo, pero tamén porque algunha parte de nós non quere marchar; quereríamos que esas experiencias que vivimos, esa nova xente á que coñecimos non rematen coa viaxe. Non nos entendades mal, claro que queremos voltar, claro que queremos vervos e dar bicos ás persoas que queremos pero somos conscientes de que a gran parte das experiencias fortes que se viven na vida rematan sendo lembranzas. Danos peniña! Moita peniña!








Sefardi falando en ladino from Axena on Vimeo.
Rematamos a mañá subidas nunha nube, e pola tarde outra nos trouxo (literalmente) ata Vigo. Lidia e mais eu durmimos a maior parte da viaxe. Cristina, sempre ávida de saber máis, enterouse no avión de que moitos turcos que vivían en Bulgaria tiveron que elexir entre trocar de nome (a forza) a un máis bulgarizado, ou exiliarse cara a Turquía, a maior parte dos que elexiron esta opción estiveron anos en campos de refuxiados. Todo esto pasou pouco antes do comezo da guerra dos Balcáns.
Non, non podemos queixar de todo o que vivimos en Bulgaria: pasámolo moi ben, rímonos moitísimo, vivimos experiencias únicas e coñecimos e recoñecimos a xente impresionate. Grazas a todas esas as persoas por facelo posible! E grazas a vós por ler esta serie de posts!