O día comezou tarde, e menos mal, porque nos deitáramos algo tarde falando no hall do hotel. Pola mañá tivemos exhibición das danzas letonas, que non se puideran facer o día anterior polo doo das persoa que morreran no accidente.

O grupo de bailaríns procedentes de Letonia.
As danzas foron moi divertidas, porque ademais os bailaríns sacaron a bailar a persoas do público. Tiñades que ver ao alcalde da cidade de Triavna, estaba un pouco teso bailando cunha rubia letona que lle sacaba case unha cabeza.

O alcalde bailando ao fondo con unha das bailarinas letonas.
Despois saímos cara a Velikotarnovo, a antiga capital de Bulgaria, que perdera a súa capitalidade por tan só un voto. Bonita cidade cun castelo medieval amurallado do século XIV

O castelo.
Xusto ao subir ao castelo atopámonos cuns personaxes da literatura española: "Non son muíños eso que ve no horizonte?, amigo Sancho" que va, son Lidia e Cristina facendo unha homenaxe a súa materia.

Cristina e súa fiel escudeira.
A zona vella moi interesante con numerosos exemplos dese pasado histórico.

A cidade de Veliko Tarnovo coa súa catedral.
Pola noite tivemos cea de despedida de Triavna nun restaurante da vila. Non eramos as únicas persoas con cea concertada e todo o salón en pleno ergueuse para bailar xa dende o primeiro prato. Había tanta xente na sala do restaurante que tivemos que saír a bailar fora. Bailamos e bailamos a maior parte da noite. Hai probas documentais.

Cristina bailando con Thanassis.
Bailamos danzas populares búlgaras. Tamén sirtaki, a danza popular grega, porque o que pinchaba a música era dese país ao sur de Bulgaria.

Peter, o noso socio grenlandés, ensinándonos un colgante de oso feito con óso de foca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario