San Cristovo de Novelúa é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa e na provincia de Lugo.


Pórtico e torre
A igrexa de San Cristovo de Novelúa, consta dunha nave e unha ábsida semicircular. A igrexa está precedida dun tramo recto.
Nos muros laterais ten contrafortes que a esta igrexa non lle son necesarios porque a cuberta non é pesada, como sucede na maior parte dos edificios románicos.
A portada principal non se aprecia dende fora porque queda resgardada por un pórtico, pero a describo porque é o mais interesante do edificio. Consta de triple arquivolta abocelada e con axedrezado (o que a profe chama taqueado xaqués). Os arcos son de medio punto como en todos os edificios románicos. Os chapiteis das seis columnas que sosteñen estes arcos son na súa maioría xeométricos, pero dous teñen decoración de animais.
O interior está decorado con pinturas da época máis recente.
Pero o que máis me gusta é a súa absida semicircular e con piastras adosadas.Destaca é a inusual celosía, labrada en placas de granito. Isto é algo excepcional, xa que se conocen moi poucos exemplos que se conserven hoxe.

Recomendo probar o queixo da Ulloa, que se pode atopar en diferentes lugares, pero un deles é Monterroso. Un exemplo de queixería é a de Arqueixal, que está situada entre Palas de Rei e Monterroso ( a cinco km. aproximadamente)
Texto: Isabel Varela Iglesias de 2ºE.
Fotos: Manolo Castro.
Vaia, estaba a buscar cousas sobre Novelúa e topei con vos.
ResponderEliminarNuns día publicarei as fotos do interior de Novelúa se as queredes ver visitádeme.
Saúdos dende A Ulloa