27/5/09

SEGUNDO DÍA EN BULGARIA

Ola! Ben ceadas e ben durmidas erguémonos esta mañá de moi bo humor para facer una excursión á espera dos socios letóns, que chegaban aínda a media tarde.
Vestidas de verán (porque aquí xa fai moita calor), montamos nu fantástico minibús moi á moda da Europa de Leste. Tras unha hora de viaxe polas frondosas montañas que rodean Triavna, chegamos ó mosteiro ortodoxo de Sokolski, onde puidemos visitar esta igrexiña do XVIII


e marabillarnos contemplando os frescos que enchen os teitos e as paredes: un espléndido resumo da historia sagrada dende a creación ata a paixón de Cristo para difundir os episodios esenciais da Biblia entre os que non sabían ler.


A monxa que coibada a igrexa (e vendía os inevitables souvenirs) explicounos que durante a dominación turca (cinco séculos, nada menos!), ós búlgaros non lles estaba permitido construir novas igrexas, só conservar as xa existentes, así que para obter o permiso esculpiron un icono en pedra, facéndoo pasar por unha reliquia moi antiga atopada nese mesmo lugar, co que gañaron o dereito de levantar un pequeno templo (ai! As astucias dos oprimidos).

Despois visitamos o Museo Etnográfico d Etara, onde puidemos coñecer distintas mostras da arquitectura tradicional búlgara e técnicas artesanais tradicionais.


Por certo, foi neste lugar onde Lidia recuperou a súa maleta.



De novo en Triavna, trala sobremesa de rigor nunha terraza, decidimos mercar o primeiro souvenir da viaxe: bragas de produción local ¿A que non adiviñades cal mercou cada unha?




Xa pola noite, Kalina (unha das socias búlgaras) invitounos a cear porque era o seu aniversario, durante a cea organizada pola asociación de Bulgaria fumos agasallados con cancións e unha pequena obra de teatro feitas polas asociadas. Foi unha gozada ver a estas mulleres moi ben preparadas e completamente desinhibidas.



Bueno, ímosvos deixando que mañá nos toca comezar a traballar!
Bicos de boas noites!

5 comentarios:

  1. Estou revinvindo a viaxe que fixen hai catro anos coa vosa! Que chulada, eu tamén estiven na igrexa de Sokloski e en Etara, pero non recordaba anécdota do icono. As bragas alucinantes, eu diría que a vermella é a de Cristina, a gris a de Pía (ou a de Lidia?) e a negra a de Lidia (ou a de Pía?)Bicos (quería poñelo en búlgaro pero éme complicado)

    ResponderEliminar
  2. Eu diría Lidia Cristina Pia. O certo é que non perdedes o tempo, vaia. As fotos son estupendas, pero aquí estamos agardando ver o sorriso das tres perolas, ou pérolas que se nos perderon por Europa adiante. Muacs.

    ResponderEliminar
  3. Non sei como fixen para publicar o comentario, pero da igual. Asino de novo:
    David

    ResponderEliminar
  4. David, sintoo moito, 0 points.
    Milbicos.
    Lidia, Cristina e Pía.

    ResponderEliminar