30/5/09

TERCEIRO DÍA EN BULGARIA

O día comezou na sala de conferencias do hotel, onde explicamos a nosa aportación ó proxecto ATTIC, escoitamos ós demais socios e falamos sobre o futuro do proxecto.


Completamente metidas na dinámica da viaxe, enfrontámonos con espíritu lúdico ós pequenos contratempos da viaxe: Todo se convirte en excusa para a broma e creamos constantemente esas mitoloxías de viaxe intranferibles coas que esgotamos a paciencia dos amigos que se arriscan a preguntar como foi (preparádevos, je,je).

Pola tarde, os nosos anfitrións leváronnos a coñecer o traballo dunha Asociación que axuda ós discapacitados.

Visitamos os museos de Triavna: Tres fantásticos edificios en pedra e madeira nos que se exponen recreacións dos espazos domésticos tradicionais, obxectos e mobiliario do XIX e o impresionante traballo da madeira dos artesáns locais, en decenas d esculturas e no artesonado dos teitos.

O museo da cidade de Triavna, era unha antiga casa particular.

A antiga escola de Triavna.

Tamén visitamos a escola-instituto (colexio integrado) de Triavna.

Cristina e Pía no corredor da escola. O alumnado de secundaria só ten turno de tarde noite.

Velaquí a nosa entrañable guía, con Lidia:

E, para rematar o día, outra boa cea chea de risas e xogos cos nosos socios internacionais:

Cristina con Peter, socio dinamarqués, procedente de Grenlandia.


Thanasis e Ioannis, os socios gregos, cos agasallos dos dinamarqueses.


1 comentario:

  1. Non sei, pero dame a sensación de que este post escribiuno Cris, alomenos a primeira parte (aínda que despois do fracaso das bragas, xa non me atrevo a aventurarme). Vexo que foron dous gregos en lugar de un, parecen simpáticos, χαιρετίσματα και φιλιά πολλά. Que tal co búlgaro? algo máis aperte de "Dobar Den"? Preparádevos para o regreso, aquí tamén abafamos de calor e xa nos contaredes!

    ResponderEliminar