27/5/09

BICOS DENDE BULGARIA

Ola rapaces e rapazas! A verdade é que estamos esgotadas pero aproveitamos a calma do hotel para lembrarnos de vós. Escribimos dende Bulgaria despois de estar todo o día de viaxe. E vimos moitas cousas interesantes hoxe. Erguémonos cedo despois de durmir un par de horas, pero o madrugón tivo a súa recompensa.

O marabilloso ceo de Galicia ao mencer…




E un mar de nubes que nos trouxo nun, ás vecesviolento balanceo, ata a cidade de París, donde o noso avión fixo a escala de rigor.

Deixámosvos fotos do espectacular edificio do aeroporto do arquitecto Paul Andreu e que foi construido entre 1995 e 1999. A que semellan ser formas da natureza? Ollos de insectos, longos vermes, mundos de patas e antenas…
Baixamos do avión, vai una calor que abafa, e comezamos a sacar as capas de roupa que levamos. Impresionante! Unha calor enorme e as montañas que rodean Sofía aínda conservan algo de neve.
Ao chegar a Bulgaria o primeiro que nos chamou a atención é que entendemos máis ben pouco… Ninguna de nós fixo os deberes e aprendeu o alfabeto cirílico, para ver, polo menos, como se len as palabras en búlgaro… temos que recurrir aos escasos carteis en inglés ou ás trancripcións ao noso alfabeto. Esto nos pasa por paletas!, e mira que nós sí que sabemos da importancia de coñecer o idioma do país.

A maleta de Lidia non chega co resto e á frustación seguen unhas risas porque Murphy se presenta una vez máis como compañeiro de viaxe vital, Lidia era a única de nós que non quería facturar e  fixoo ao final por solidaridade!!!
Temos que esperar polo transporte que nos leva a Triavna, pero hai que esperar polo resto dos socios/as, xa que somos as primeiras en chegar. En nada chegaron as danesas (o único representante masculino de Dinamarca perdeu o avión porque cría que o voo era ao día seguinte) e despois os gregos. Os letóns aínda chegan mañá.
Comeza a nosa viaxe de tres horas e pico, entre montañas. Que envexa de bosques tupidos e sen marcas dos incendios. Dámonos conta da importancia ecónomica que ten o bosque e a súa explotación para os búlgaros. De camiño vemos que as cidades non creceron moito dende a época soviética e a arquitectura de edificios de bloques illados é bonita pero está moi mal conservada, o que lle da un aspecto algo nostálxico. Desa época consérvanse moitas estatuas e esculturas que exaltan o espírito nacional. Perdoade o encadre das fotos pero é que a furgoneta algo vella e moi trillada mandara aos amortiguadores de vacacións e era un pouco difícil tomar una foto decente sen parar.
Chegamos a Triavna, una pequeña vila rodeada de montañas co cu mallado. Pero a beleza do sitio compensa todo: casas de madeira, rúas empedradas, pontes medievais… Coas montañas sempre mirándoo todo, á beira.
Temos tempo de fregar os dentes e da peinar o rizo. A suculenta cea nos espera. Ensalada búlgara (moi semellante á grega) e un prato típico da rexión composto de pan fritido e xamón asado, Moi rico. O máis espectacular unha torta de pan que viña quente e que tiña que ser untada nunha mistura de especias.
Rendidas rematamos de escribir o post deitadas na cama sen nos falar moito. Estamos tan cansas que non podemos articular palabra. Boa noite! Mañá mais!

2 comentarios:

  1. Caramba, si que fixestes os deberes, e iso que debiades estar difuntas!! Encántanos as fotos e dannos moita envexa. A comida tenunha pinta estupenda, eu probei todo iso e sei que está boísimo.A ver si tedes tempo de facer excursionciñas por aí. Acordámonos moito de vos. Estamos aquí Pepe, Natalia, Flor, Susana... di Pepe que volvades pronto....

    ResponderEliminar
  2. A Pepe nada, que non se atreveu a vir con tanta muller... Bueno, si, un bico pequeno. Para as demais moitos bicos por todas partes. Cristina, Lidia e Pía.

    ResponderEliminar